Quantcast
Channel: Biblioteca CIFP Manuel Antonio
Viewing all articles
Browse latest Browse all 4

‘MARTE IDA Y VUELTA’: viaxe o interior de Pierre Wazem

$
0
0

300_660_marte-ida-y-vuelta_por_peb Pierre é autor de cómics e pai de dúas nenas. A súa vida está marcada por unha depresión existencial que lle leva á continua insastifacción, a infelicidade e, sobre todo, a ruína económica. Chegado a un punto de non retorno, a solución pasa por pedir un adianto polo seu próximo libro e poñerse a rebuscar no seu interior algo co que terminalo. Esa procura converterase finalmente nunha viaxe á infancia onde axustar contas cun mesmo. Pierre Wazem, habitualmente publicado como guionista (‘O fin do mundo’ xunto a Tom TiraBosco), preséntase como autor completo en en ‘Marte ida e volta’, unha novela gráfica intimista recientemente editado pola Cúpula.

O álbum está suscitado cunha perspectiva metaficcional: ‘Marte ida e volta‘ é a historia de como se fixo ‘Marte ida e volta’. O protagonista, un debuxante sospechosamente parecido ao autor real, está pasando por un mal momento persoal que se enquista debido á súa falta de inspiración. Atopará o xeito de poñerse en marcha refuxiándose nunha cabana abandonada onde a viaxe a Marte do título converterase nunha viaxe interior á súa infancia para axustar contas pendentes.

Malia que, en moitos casos, o cómic autobiográfico (ou pseudoautobiográfico, porque non esquezamos que o escritor sempre é un finxidor) non fai concesións ao seu autor, as súas miserias normalmente conseguen empatizar connosco. Penso, por exemplo, en ‘As miñas circunstancias’ e as súas continuacións, de Lewis Trondheim, onde o autor conta anécdotas persoais e en xeral non ten compaixón de si mesmo, pero o resultado final é divertido e simpático. No caso de Wazem, do retrato que el mesmo se fai xorde un personaxe egoísta, perezoso, envexoso, manirroto e cunha autoestima tan baixa que a súa depresión parece sacada dun manual de psicoloxía.

650_1000_marte_ida02

Non é estraño pois que un cómic centrado no ego do autor finalice con este dando consellos ao seu eu de oito anos. Para o personaxe (e quizá, ata, para o propio autor) a viaxe foi catártico e provechoso, pero o lector quédase coa impresión de asistir a ler unhas memorias persoais non demasiado memorables (si permitídesme o xogo de palabras oportunista).

Entre todo iso, Wazem pon sobre a mesas temas como o da creación artística, a inspiración e a falta desta, as relacións familiares e como ás veces estas pesan como losas dun pasado que habemos de arrastrar.

Visualmente, ‘Marte ida e volta’ é interesante: Wazem é un bo autor completo, pese a que non adoita prodigarse moito como tal. O seu estilo é próximo a outros artistas da súa xeración (Manu Larcenet, Rudy Spiessert, o mesmo Trondheim), de trazo sinxelo e algo caricaturesco. Pero con todo, o seu bo facer no apartado gráfico non compensa o resultado xeral, que resulta demasiado autocomplaciente.

                Josep Oliver



Viewing all articles
Browse latest Browse all 4

Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Trending Articles


Ang Nobela sa “From Darna to ZsaZsa Zaturnnah: Desire and Fantasy, Essays on...


Lola Bunny para colorear


Dino Rey para colorear


Girasoles para colorear


Dibujos de animales para imprimir


Renos para colorear


Dromedario para colorear


Long Distance Relationship Tagalog Love Quotes


Love Quotes Tagalog


RE: Mutton Pies (mely)


Gwapo Quotes : Babaero Quotes


Kung Fu Panda para colorear


Libros para colorear


Mandalas de flores para colorear


Dibujos para colorear de perros


Toro para colorear


mayabang Quotes, Torpe Quotes, tanga Quotes


Tagalog God Quotes to inspire you


Buhay May Trabaho – Pumasok Quotes and Sayings


Mga Tala sa “Unang Siglo ng Nobela sa Filipinas” (2009) ni Virgilio S. Almario





Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC